Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de microplanta de transferencia de residuos urbanos da mancomunidade de municipios do Ribeiro, no concello de Beade (Ourense), promovido pola Deputación Provincial de Ourense. (Clave 2003/0039).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de microplanta de transferencia de residuos urbanos da mancomunidade de municipios do Ribeiro, no concello de Beade (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.

* Concello de Beade.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental