Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5-5-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na rúa Serra Gañidoira e prolongación da rúa Escultor Asorey, promovido por Tolda, S.A.

O acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foi comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 21-5-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 21 de maio de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón López Besteiro

Tenente-alcalde delegado da Área de Urbanismo,

Infraestructuras e Medio Ambiente