Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.366

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 288/2003, do 24 de xuño, polo que se nomea a Jesús Carlos Palmou Lorenzo, conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

Nomeo a Jesús Carlos Palmou Lorenzo, conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente