Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 0007257/2003 interposto contra o Decreto 365/2002, do 19 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola ampliación do depósito de lamas vermellas da factoría de Alúmina Española, S.A. en San Cibrao-Xove (Lugo).

Por providencia da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, reclámase o expediente administrativo relativo ó recurso contencioso-administrativo número 0007257/2003 interposto por José Fernández Insua e outros particulares contra o Decreto 365/2002, do 19 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola ampliación do depósito de lamas vermellas da factoría de Alúmina Española, S.A. en San Cibrao-Xove (Lugo).

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, esta consellería acordou a remisión do reclamado expediente administrativo ó devandito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nel e son emprazadas para que poidan comparecer como demandados no prazo de nove días perante a Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental