Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/47-2, 6017 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Vilarpescozo.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas:

-L.M.T. con orixe en saída na Fonsagrada 1 (subestación de Meira)-derivación a C.T. dos Vaos e final en C.T. de Vilarpescozo. Lonxitude 90 m. Nº de apoios 2, tipo Acacia-C.

-C.T. tipo intemperie, sobre apoio metálico, potencia 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220.

-R.B.T. de Vilarpescozo, con orixe en C.T. Vilarpescozo, lonxitude 1.319 m. Nº de apoios: 3 Acacia-C e 25 de formigón. Nº de circuítos 2 e un total de 16 clientes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO