Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.271

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Lingua Española, a Joaquín Sueiro Justel (praza 96/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 2001 (BOE do 26 de novembro) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Lingua Española, en prol de Joaquín Sueiro Justel, con documento nacional de identidade número 36012827-W, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Joaquín Sueiro Justel, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Lingua Española.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de xuño de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo