Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión con data do 9 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación da Tomada-Carril, promovido por Inmobiliaria Castriño, S.L. e redactado polo enxeñeiro de camiños Benito Fernández González.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto ó público o expediente, podendo os interesados examinalo no Departamento de Urbanismo do Concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xuño de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde