Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.524

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN INSTITUTO GALEGO DE OFTALMOLOXÍA

ANUNCIO.

A Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía precisa adquirir un tomógrafo óptico de coherencia para o exame do fondo ocular que usa unha técnica scanner non invasiva.

Os aspirantes deberán envia-las súas ofertas unicamente ó apartado de correos 923 de Santiago de Compostela, non sendo válida a recepción de sobres en sitio diferente ó anterior. No sobre figurará obrigatoriamente a referencia OCT. O prazo de presentación de ofertas será de 8 días naturais desde a data de publicación do presente anuncio, quedando o teléfono para consultas 981 53 42 48.

O pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Manuel Sánchez Salorio

Director executivo da Fundación Pública

Instituto Galego de Oftalmoloxía