Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, duna consultoría e asistencia técnica para ambientes colaborativos e do portal corporativo no Servicio Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade (S/231-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo:

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/231-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para ambientes colaborativos e do portal corporativo no Servicio Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade.

b) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: edificio administrativo do Sergas en San Lázaro, s/n.

e) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cincocentos oitenta e sete mil douscentos sesenta e seis euros con noventa e seis céntimos de euro (587.266,96 A).

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación, que corresponde cun importe de once mil setecentos corenta e cinco euros con trinta e catro céntimos de euro (11.745,34 A).

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría):

b) Solvencia económica e financeira y solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 18 de agosto de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses, contados desde a data de apertura das ofertas económicas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: a partir das 9.00 horas A.M. na sala 2.1 da segundo andar do edificio administrativo do Sergas en San Lázaro. 29 de agosto de 2003.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catro mil euros (4.000 A).

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 25 de xuño de 2003.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos:www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral do Servicio Galego de Saúde