Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003 pola que se lle dá publicidade ó acordo do tribunal designado para xulga-las probas encamiñadas á obtención do certificado de conselleiro de seguridade CE, convocadas por Resolución do 3 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de admitidos e excluídos e se fixan os horarios dos distintos exercicios.

En cumprimento do establecido na Resolución do 3 de marzo de 2003, pola que se convocan probas para a obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, este tribunal

ACORDOU:

Primeiro.-Anuncia-la exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, de conformi

dade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Segundo.-Os exercicios celebraranse o día 4 de outubro de 2003 na Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os horarios dos exercicios quedan establecidos do seguinte xeito, facendo saber que as portas do recinto se abrirán 30 minutos antes do comezo do exercicio, comezado este á hora sinalada:

Modalidade por estrada

Aspirantes9.30 hSalón de actosDe Abalde Simón a Gutiérrez Vega

A tódalas clases11.30 hSalón de actosDe Lado Álvarez a Villamil Freire

Clase 111.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Clase 29.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Clase 718.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Clase 3 e máis16.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Mater Líqu.

Nº 1202-1203 e 122311.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Modalidade por ferrocarril

Aspirantes

A tódalas clases16.30 hSalón de actosTódolos aspirantes

Clase 1

Clase 2

Clase 716.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Clase 3 e máis9.30 hAula 5Tódolos aspirantes

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

David González Coalla

Presidente do tribunal