Pola Orde do 25 de marzo de 2003 (DOG do 7 de abril) convocábase concurso de méritos para cubrir un posto nos equipos de orientación específicos. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta prevista no artigo 12 da citada orde efectuada pola comisión de selección, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro.-Nomear, para cubri-las prazas indicadas, a profesora que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo.-A funcionaria docente seleccionada pola presente orde quedará adscrita ó posto adxudicado a partir do 1 de outubro de 2003.
Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Adxudicación de prazas nos equipos
de orientación específicos
Especialidade: discapacidades motóricas.
Equipo específico: Ourense.
Funcionaria: Luisa María Limia Martínez.
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL

