Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 15 de abril de 2003 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/100-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), publícase:

«1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/100-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/455-5.

Orde da convocatoria: 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo).

Interesado: Jesús Enrique Guijarro Morillo.

Enderezo: Rosalía de Castro, 5, 36350 Nigrán (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Acordo: revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación

por conta allea na Comunidde Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999, de acordo co disposto no artigo 1 da Orde do 28 de decembro de 1999 (DOG do 30 de decembro) reguladora dos incentivos por conta allea respecto dos contratos celebrados no último trimestre do ano 1999, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), pola que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral da traballadora María Aranzazú López da Vila (36090908-K) con data 2-2-2001, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas polo artigo 25 da dita Orde do 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo),

ACORDO:

Primeiro.-Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 2.404,05 A (400.000 pesetas) concedida na Resolución do 8-6-2000 pola contratación indefinida de María Aranzazú López da Vila (36090908-K).

Segundo.-O reintegro voluntario por parte do interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Terceiro.-Darlle trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Jesús Enrique Guijarro Morillo un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que coide pertinentes.

Vigo, 15 de abril de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 25 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra