De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, en Ourense, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.
Ourense, 7 de xullo de 2003.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Interesado: Félix Montoya Escudero.
Último enderezo coñecido: Urb. 1º de Maio, bl. 7, 2º esq. 32600 Verín.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 39 do expediente OR-82/030.
Interesado: Francisco Casado Dalama.
Último enderezo coñecido: Avda. Tirajana, nº 7. San Bartolomé de Tirajana. 35590 Las Palmas.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 25 do expediente OR-82/030.
Interesada: Olina Domínguez Rodríguez.
Último enderezo coñecido: Outeiro Grande, bl. C, portal 6, nº 3, 2º esq. 32570 Maside.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 24 do expediente OR-82/040.
Interesado: Vicente Fernández Macías.
Último enderezo coñecido: A Lastra, bl. II, 1º A. 32350 A Rúa.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 11 do expediente OR-1-IV/79.
Interesado: José Luis Rodríguez Chimeno.
Último enderezo coñecido: r/ Monte Alto do Monzón, 4, baixo B. 32300 O Barco de Valdeorras.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 14 do expediente OR-82/210.

