Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 3 de xuño de 2003, aprobouse provisionalmente o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da V.A.C. Ferrol-Barreiros (conexión A-8), treito: O Barqueiro-San Cibrao. Clave: LU/00/63.0.
De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito estudio informativo sométese ó trámite de información pública, durante un período de dous meses a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.
Así mesmo, durante este período, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de pro
tección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e na lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.
Estando á exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas de Lugo, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.
Antonio López Blanco
Subdirector xeral de Estradas

