Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 1 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica a resolución da reclamación de tercería de dominio formulada por María del Carmen Piñeiro Dopazo.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de tercerias de dominio pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, por dúas veces,

e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o regulamento xeral de recadación e o Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a Organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesada: María del Carmen Piñeiro Dopazo.

CIF: 33256061-Q.