1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a elaboración dun estudio sobre actividades económicas viables no medio rural que faciliten a inserción sociolaboral de mozos custodiados pola Administración autonómica.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Prazo de execución ou data límite de entrega: ata o 22 de decembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: 52.705,12 euros.
5. Garantía provisional: 1.054,10 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Agader.
b) Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10-baixo.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 73 55.
e) Telefax: 981 54 73 81.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económico-financeira: certificación da cifra de negocios global.
b) Solvencia técnica e profesional: relación dos principias servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, indicando importes, datas e beneficiarios públicos ou privados, especialmente en relación a modelos alternativos de inserción sociolaboral; descrición do equipo técnico e unidades técnicas que participarán na execución do contrato, tendo en conta que o equipo técnico debe ser multidisciplinar e contar con titulación universitaria cando menos, en relación a tres áreas de coñecemento que deban concorrer na confección do estudio: educación/inserción sociolaboral de mozos, análise empresarial e tecnoloxía e enxeñería de proxectos.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 1 de setembro de 2003.
b) Documentación que se vai presentar: a indicada no prego de claúsulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: Agader.
2º Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10-baixo.
3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.
e) Admisión de variantes: si.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Agader. Domicilio: avda. do Camiño Francés, nº 10-baixo.
b) Localidade: Santiago de Compostela.
c) Data: 16 de setembro de 2003.
d) Hora: 13.00 horas.
10. Gastos de anuncios: 900 euros aproximadamente. Serán por conta do adxudicatario.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou donde poden obterse os pregos. www.xunta.es/contratacion e agader.xunta.es.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.
Belén Hernández Lafuente
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural

