En virtude do establecido nas disposicións adicional e derrogatoria da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,
DISPOÑO:
Artigo único.-Que cese José Luis Méndez López como presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor ós vinte días da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria