Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da variante da liña entre os apoios números 2 e 8 da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Sabón-Meirama no termo municipal de Arteixo (A Coruña). (Expediente IN407A 03/90).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 6 de marzo de 2003 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Variante entre os apoios números 2 e 8 da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica 220 kV. Sabón-Meirama, ó seu paso polo lugar de Oseiro, no municipio de Arteixo, consistente en:

-Tramo de liña eléctrica aérea de alta tensión, a 220 kV, sobre 7 apoios metálicos de celosía, de 1.558 m de lonxitude, que parte do apoio nº 2 existente e remate no apoio nº 8 tamén existente, con cable de terra e fibra óptica OPGW2..64F.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 28 de marzo de 2003, publicada no DOG do 14 de maio, no BOP da Coruña do 13 de maio, e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros o zonas dependentes doutros organismos públicos o corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 223/2003,

do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

1. Autoriza-la variante entre os apoios números 2 e 8 da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica 220 kV Sabón-Meirama, ó seu paso polo lugar de Oseiro, no municipio de Arteixo (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas