Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:
Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo para efectos de notificación na praza da Palloza, nº 3-2º, 15006 A Coruña.
Obxecto da petición: autorización administrativa para a construcción e explotación das instalacións de gas propano canalizado para a subministración ás vivendas e locais comerciais do núcleo de poboación de Castro de Ribeiras de Lea, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.
Descrición das instalacións:
* Centro de almacenamento:
O centro de almacenamento de GLP está composto por dous depósitos en superficie cunha capacidade unitaria de 49.950 litros e 49.500 litros respectivamente.
A estación de gas estará situada en terreos pertencentes á Deputación Provincial de Lugo, cedidos para este fin á empresa solicitante da autorización administrativa, por este mesmo organismo.
* Rede de distribución:
A rede de distribución deséñase en MPB, utilizando unha presión máxima de explotación de 1.75 bar.
As tuberías da F.G. irán entre a arqueta principal, á saída da estación de regulación e as arquetas de acometida que se montarán a pé de parcela de edificacións.
As tuberías que se utilizarán, segundo zona de montaxe, obedecerán a dous tipos de materiais diferentes: aceiro estirado sen soldadura DIN-2440 St. 35 e polietileno (PE) SDR-11, s/ norma UNE 53.333.
-Tubería de estación de regulación a zona de transición.
Por este tramo de tubería circulará a totalidade do gas propano que se consuma na localidade, discorrendo desde a regulación á saída da zona de depósitos ata a primeira das arquetas de rede principal ou zona de transición entre a tubería de aceiro e a de polietileno.
-Trazado básico.
A rede de gas partirá da estación de almacenamento ó longo da rúa principal, da cal irán derivando
as acometidas a parcelas e posibles ramais, en diámetro 90 mm.
Desta rede básica partirán inicialmente dous ramais de diámetros 90 mm e 40 mm levando o primeiro gas para as acometidas da marxe contraria da estrada principal na zona de maior densidade de poboación e o segundo pretende dar servicio ó Hospital Psiquiátrico San Rafael. No arrinque de cada un dos ramais, e en puntos estratéxicos da rede, instalaranse válvulas de seccionamento que garanten a máxima operatividade.
A lonxitude prevista da rede de distribución é de 2.300 metros:
-1.460 m de 90 mm de diámetro.
-340 m de 63 mm de diámetro.
-500 m de 40 mm de diámetro.
Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta ó núcleo de poboación de Castro de Ribeiras de Lea, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.
Orzamento: cento oitenta mil, cento oitenta e tres euros con corenta e tres céntimos (180.183,43 euros).
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio. O proxecto de autorización administrativa poderase examinar na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así coma na Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, edificio administrativo Monelos s/n, da Coruña.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

