Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., CC.TT. nº 1, 2, 3 urbanización Abesadas.
Situación: Ribeira.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 490 m de lonxitude, coa orixe na L.M.T.S. a C.T. nº 3 urb. Abesadas e final no C.T. nº 3 urb. Abesadas, unha vez que entre e saia dos CC.TT. nº 1, nº 2.
Centro de transformación nº 1 urb. Abesadas, cunha potencia de 1.000 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV.
Centros de transformación nº 1 y nº 2, cunha potencia de 600 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ribeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 24 de xuño de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

