Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.573

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 345/2003, do 4 de agosto, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo) e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, a Vicente Calvo Loureiro.

Artigo 2º

Noméase como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, a Ernesto Fontanes Blanco.

Santiago de Compostela, catro de agosto de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente