Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de maio de 2003 (DOG nº 99, do 23 de maio; corrección de erros, DOG nº 112, do 11 de xuño) de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A): escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos; escala de enxeñeiros de telecomunicacións; escala de enxeñeiros de minas; escala de enxeñeiros industriais; escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos; escala de arqueólogos; escala de químicos; escala de biólogos; escala de arquitectos e escala de profesores
numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos para a cobertura, con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A): escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos; escala de enxeñeiros de telecomunicacións; escala de enxeñeiros de minas; escala de enxeñeiros industriais; escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos; escala de arqueólogos; escala de químicos; escala de biólogos; escala de arquitectos e escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, materia de dereito marítimo e lexislación pesqueira. As listas están expostas na forma que a seguir se indica:
-Solicitantes admitidos.
-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para poderen emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión e que irán dirixidas á directora xeral da Función Pública (Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, s/n).
Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública

