1. Entidade adxudicadora: Concello de Arbo (Pontevedra).
2. Obxecto: contrato de obra, obras de adecuación no contorno da casa do concello-remodelación praza Consistorio.
Prazo de execución: límite 15 de abril de 2004.
Lugar de execución: Concello de Arbo.
3. Tramitación urxente, procedemento aberto, forma concurso.
4. Orzamento da obra: 322.720,00 euros (inclúe IVE e honorarios redacción do proxecto).
5. Garantía provisional: 6.454,40 euros. Garantía definitiva de 12.908,80 euros máis a que corresponda a melloras de obra.
6. Documentación: secretaría do Concello de Arbo. Praza Consistorio, 1, Arbo, CP 36430, teléfono: 986 66 50 00.
7. Requisitos del contratista: solvencia técnica e económica.
8. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Arbo ata as 14.00 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
9. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Arbo ás 13.00 horas do terceiro día hábil seguinte contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que sexa sábado, celebrarase o día seguinte hábil.
10. Gastos dos anuncios no Diario Oficial de Galicia e no BOP, a cargo do adxudicatario.
Arbo, 31 de xullo de 2003.
Manuel Rivera Domínguez
Alcalde

