Obxecto: a execución das obras que seguidamente se especifican, dos planos provinciais do ano 2003. Cada obra adxudicarase individualmente, os contratistas poden presentar ofertas para unha ou as dúas obras.
a) Depuración de residuais e iluminación pública en San Cibrao. Orzamento de execución por contrata de 38.846,00 euros. Autor do proxecto: Pablo Millán Trillo, enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 3 meses. Obra número 51 do Plan provincial base.
b) Abastecemento e saneamento en San Cibrao. Orzamento de execución por contrata de 56.000,00 euros. Autor do proxecto: Pablo Millán Trillo, enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 4 meses.
Clasificación do contratista: non se esixe para ningunha das obras.
Garantías: como garantías para participar no concurso, esixirase o 2% do orzamento total como garantía provisional, e o 4% dese orzamento como garantía definitiva.
Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes á derradeira publicación, no BOP ou no DOG, da convocatoria do concurso, se o último día coincidise sábado do mes de xullo, ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.
Celebración da licitación: o concurso terá lugar as 17.00 horas do día 11 de setembro de 2003.
Criterios para ter en conta na licitación: os establecidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares da convocatoria do concurso.
Exame do expediente: nas oficinas da secretaría deste concello, desde as 9.00 ata as 14.00 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.
Presentación de documentación: na forma que sinala na cláusula 8 do prego que rexe na contratación.
Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios das obras.
Oímbra, 17 de xullo de 2003.
Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde

