Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.600

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ASILO DE LA SANTÍSIMA VIRGEN DEL CARMEN

ANUNCIO.

A Fundación Asilo de la Santísima Virgen del Carmen, con domicilio na avenida de Cervantes, nº 35, de Foz, Lugo, acordou sacar a pública subasta ante notario, os bens que, co seu prezo de taxación se enumeran a continuación:

Bens que se sacan a poxa e a súa valoración:

1. Predio de Lourido ou Cantel, superficie 2.012 m inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo tomo 725, libro 187, folio 179, predio 24.996, valor 48.000 euros.

2. Predio en Marzán, Veiga de Lourido, superficie 847 m inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, tomo 725, libro 187, folio 181, predio 24.997, valor 12.705 euros.

3. Predio en Vilaxuane, sito na Cabaneira, superficie 8.981 m inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, tomo 317, libro 57, folio 168, predio 4.320, valor 81.000 euros.

4. Predio en Marzán, Casa do Home superficie 966 m inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, tomo 317, libro 57, folio 172, finca 4.321. Ten no seu recinto unha casa de planta baixa e

alta superficie 47,25 m ocupada. Valor da finca 96.000 euros.

5. Predio en Veiga do Castro de Arriba superficie 2.116 m inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, tomo 305, libro 35, folio 58, predio 3.896, valor 12.696 euros.

A subasta realizarase o día 6 de setembro de 2003, ás 12.00 da mañá, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz (Lugo), situado na rúa Paco Maañón, nº 12, de Foz.

Condicións da poxa:

A poxa realizarase polo sistema de poxas á baixa, coa adxudicación ó mellor postor; sendo o tipo mínimo de licitación o citado en cada predio.

Para tomar parte na subasta será preciso que cada licitador poña á disposición da mesa de poxa, en efectivo, ou aval bancario, unha cantidade equivalente ó 10% da que serve de tipo á poxa. O dito depósito devolverase ós licitadores unha vez finalizada a poxa, agás a do adxudicatario, que a perderá, se no prazo de nove días non consigna, no despacho do notario autorizante, o resto do prezo do remate.

Consignado polo adxudicatario o resto do prezo do remate, dentro de prazo de trinta días, outorgarase a correspondente escritura pública da venda entre o rematante e o representante autorizado do Padroado.

Se a poxa quedase deserta, sacarase novamente a licitación, por se é a segunda, ou, se é o caso, por terceira vez, coa rebaixa do 10% ou 15% do tipo, respectivamente.

Cargas e gravames: ningunha. Só o predio nº 4, ocupado.

A tódolos efectos legais entenderase que a poxa dos predios descritas constituirá venda por prezo alzado e corpo certo.

Gastos e impostos: o adxudicatario, ademais do prezo do remate, deberá satisface-los gastos de publicación dos anuncios da poxa, os notariais correspondentes a esta, e os derivados da adquisición do predio poxado, incluídos nos fiscais. Será título bastante para acredita-la adquisión do inmoble subastado a favor do adxudicatario ou a escritura pública outorgada polo rematante adxudicatario e o representante do Padroado.

O adxudicatario poderá cede-lo remate a favor dun terceiro; para iso, o rematante adxudicatario deberá manifestalo no acto da poxa, comparecendo na notaría autorizante acompañado pola persoa á que vai cede-lo remate, dentro do prazo de nove días fixado para a entrega do resto do prezo, manifestando a súa decisión de cede-lo remate desta, a que previa identificación e aceptación quedará subrogado en tódolos dereitos e obrigas do adxudicatario cedente.

Foz, 11 de agosto de 2003.

Rubricado