Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva, da asistencia para a realización da campaña institucional en prensa e radio con motivo do Día de Galicia.

O secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, actuando no nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencia segundo Orde do 6 de febreiro de 2003, acorda facer pública a adxudicación definitiva, da asistencia técnica convocada por Resolución do 12 de xuño de 2003 desta secretaría xeral, polo sistema de concurso público aberto, para a realización da campaña institucional en prensa e radio con motivo do Día de Galicia.

De conformidade cos artigos 81 e 88, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e o punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 73, 74 e 208 do citado Real decreto lexislativo 2/2000, e os puntos 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato, esta secretaría xeral, resolveu adxudica-la citada contratación á empresa Punto Norte, S.L. por un importe IVE incluído de 49.520,29 euros.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo

que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

P.D. (Orde do 6-2-2003)

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral para as Relacións

cos Medios Informativos