Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. subterránea para edificio na Lodeira.
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas:
-L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.Z. 150 mm Al baixo tubo de polietileno de 160 mm de diámetro cunha lonxitude de 232 m.
-C.T. instalado nos baixos do edificio no que se instala unha cela de entrada, unha de saída e unha de protección do transformador do tipo SF6, cunha potencia proxectada de 630 kVA e potencia instalada de 400 kVA; relación de transformación 20.000/380-220 V denominado C.T. A Lodeira.
-R.B.T. subterránea en conductor R.V. (3x240 UNIP+150) baixo tubo de polietileno de 160 mm de diámetro que alimentará ó edificio en construcción propiedade da empresa Promocións A Mariña 2000, S.L.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 3 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

