Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación en Lanzós (O Cotelo, Bichicán).
Situación: Vilalba.
Descricións técnicas:
-L.M.T. a C.T. O Cotelo con orixe en L.M.T. derivación a C.T. de Ramil e final en C.T. do Cotelo, lonxitude de 10 m.
-L.M.T. a C.T. de Touriño, con orixe en L.M.T. derivación a C.T. de Ramil e final en C.T. de Touriño.
-C.T. do Cotelo con potencia 160 kVA e R.T. 20.000/380-220.
-C.T. de Touriño con potencia 160 kVA e R.T. 20.000/380-220.
-R.B.T. no Cotelo cunha lonxitude de 1.850 m, nº de clientes 22.
-R.B.T. en Touriño cunha lonxitude de 1.100 m, nº de clientes 12.
-R.B.T. en Bichicán, cunha lonxitude de 3.250 m, nº de clientes 24.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 4 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

