Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Portociño.
Situación: Viveiro.
Descricións técnicas:
-L.M.T. subterránea a C.T. Portociño con orixe na L.M.T. ó C.T. Landrove 2 e final en C.T. Portociño cunha lonxitude de 765 m.
-C.T. Portociño de tipo caseta prefabricada cunha potencia inicial de 400 kVA e unha potencia proxectada de 630 kVA.
-C.T. Landrove 2 situado sobre torre metálica (ámbolos existentes), só se recolle el cambio do cadro de baixa cunha potencia de 100 kVA.
-R.B.T. realizadas en conductores R.V.-150, R.Z. 150, R.Z. 95 e R.Z. 50 que alimentarán as zonas de Cristo, Arade, Toxeiras e Landrove cunha lonxitude de 2.885 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 7 de xullo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

