A Comisión de Goberno, en sesión do 1 de xullo de 2003 aprobou definitivamente estudio de detalle da área de reparto nº 7 do PXOM promovido por instancia de José Rodríguez Gómez.
Este anuncio inserirase no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, así como no taboleiro de anuncios do concello.
A documentación referida a este acordo pode examinarse no Departamento de Obras do concello, en horario de atención ó público.
Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación, ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no
prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes, desde a interposición do recurso de reposición.
O Carballiño, 14 de xullo de 2003.
O alcalde
Rubricado

