Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión do 5-8-2003, acordou aproba-los trámites para a adxudicación por poxa aberta, das obras de ampliación do auditorio e conservatorio municipal de Lalín. Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-la correspondente poxa pública:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: obra de ampliación do auditorio municipal y conservatorio municipal de Lalín. Importe orzamento: 979.649,73 A.

Modalidade de adxudicación: poxa pública, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: para poder participar nesta licitación, as empresas deberán estar clasificadas da seguinte forma:

Grupo C.

Subgrupos: 1 a 9.

Categoría E.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentarase no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de vinteseis días naturais, que contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, en horario das nove ás catorce horas e na forma establecida no prego de condicións. Se ó último día do prazo fose festivo, este rematará ó día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos consideraranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 4 de agosto de 2003.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde presidente