Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO das bases para o nomeamento de xerente do organismo autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou, con data do 17 de xullo de 2003, as seguintes bases para o nomeamento do xerente do organismo autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

1. O posto de xerente ten carácter eventual, de conformidade co réxime establecido polos artigos 104 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE do 3 de abril) e 250 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (BOE do 3 de outubro).

2. O xerente será un titulado universitario (diplomado, licenciado, doutor).

3. As retribucións do xerente serán de 60.268,41 euros (segundo o importe consignado no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo).

4. As persoas que aspiren ó cargo de xerente deberán presenta-la súa solicitude no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo, no prazo de quince días hábiles seguintes á publicación do último anuncio que conteña estas bases no BOP de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

5. O nomeamento do xerente non poderá recaer en ningunha persoa que estea afectada polas causas de incompatibilidade previstas na lexislación vixente para os funcionarios da Administración local, especialmente na Lei 53/1984.

Vigo, 17 de xuño de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Presidente do organismo autónomo Xerencia

Municipal de Urbanismo