De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a seguir, a proposta de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e de seu regulamento, aprobado polo Decre
to 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coas resolucións respectivas especificadas no anexo que se xunta, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións
da Xunta de Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.
Ourense, 21 de xullo de 2003.
Montserrat González Pérez
Instructora
Visto e prace
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
e sancionador euros
Expte./Ano Denunciado DNI Último enderezo coñecido Feito denunciado Precepto infrinxido
Sanción
DNI: 24268862 38200 Laguna (Tenerife) TF-4097-S
DNI: 76705651 32644 Calvos de Randín M-4668-DL
DNI: X-1582079R 32005 Ourense OR-2695-F
DNI: 34945022 32500 O Carballiño OR-7608-F
DNI: 34923589 32003 Ourense OR-2972-B
OU 023/03 IN Mónica Muñoz Checa
R/ Princesa Iballa nº 14, 5º B
Abandono de vehículo
Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF 300,51 A
OU 045/03 IN José García Valencia
Lobás
Abandono de vehículo
Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF 300,51 A
OU 047/03 IN Mª Alejandra Vacastello
Avda. Zamora nº 76, 1º
Abandono de vehículo
Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF 300,51 A
OU 058/03 IN Etelvino Abad Mosquera
Fondo de Vila Cabanelas
Abandono de vehículo
Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF 300,51 A
OU 083/03 IN Julio Alberto Balsa Díaz
R/ Capitán Eloy nº 5
Abandono de vehículo
Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF 300,51 A

