Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación dos contratos que citan.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 312/2003 e 314CC/2003, respectivamente.

2. Obxecto do contrato.

Descrición dos obxectos: (exp. 312/2003) Dirección facultativa; arquitecto, aparellador e coordinación de seguridade e saúde da Biblioteca Central do Campus de Ourense, (314CC/2003) Control de calidade da Biblioteca Central do Campus de Ourense.

a) Categoría CNPA para o expediente 312/2003: non procede-categoría CNPA para o expediente 314CC/2003: 96:7420. b) Prazo de execución: o indicado no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de execución: Campus de Ourense.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento: para o expediente 312/2003 Dirección facultativa; arquitecto, aparellador e coordinacións de seguridade e saúde:

-Lote 1 (codirección arquitecto): 63.606,47 euros.

-Lote 2 (dirección aparellador): 53.496,30 euros.

-Lote 3 (coordinación de seguridade e saúde): 16.781,28 euros.

Para o expediente 314CC/2003 Coordinación de seguridade e saúde: 93.897,38 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: rúa Areal, 46, anexo, 3º andar.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

http://www.uvigo.es/servicios/contratacion/.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2) Domicilio: rúa Areal, 46, edificio anexo, planta baixa, 36201 Vigo.

8. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Enderezo: rúa Areal, 46-1º andar.

Localidade: Vigo.

Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Páxina web onde poden obte-lo prego e demais informacións do expediente.

http://www.uvigo.es/servicios/contratacion/.

Vigo, 7 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo