Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que sinalan no anexo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10.00 ás 14.00 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 11 de agosto de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Giménez Miralles

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ObraOrzamento

de contrata

Prazo de

execución

Clasificación

esixida

Nº 274 POL 2003 Antas de Ulla.-Abtº auga a Olveda e Rial, terminación85.000,004 mesesNon se esixe

Nº 311 POL 2003 Cervantes.-Doirás, Degrada, alargamento e mellora, p.q. 1,7-2,9 e 3,4-3,9150.000,008 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c)

ObraOrzamento

de contrata

Prazo de

execución

Clasificación

esixida

Nº 315 POL 2003 Negueira de Muñiz.-Acevo, Negueira de Muñiz, alargamento e mellora, p.q. 10,40-12,00150.000,0012 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Nº 318 POL 2003 Pedrafita, Folgoso do Courel, Hospital, Seoane do Courel, p.q. 6,70; -10,70359.364,1412 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c)

Nº 327 POL 2003 Pantón.-Abtº auga á parroquia de Santalla de Toiriz150.253,039 mesesGrupo E

Subgrupo 1

Categoría c)

Nº 334 POL 2003 Xermade.-Rede de sumidoiros e saneamento en Campo da feira, parroquia de Momán90.152,829 mesesNon se esixe

Nº 123 POS 2003 Samos, O Incio.-C.P. Samos, O Courel. Afirmado. Terminación (p.q. 3,640-5,780). Explanación e drenaxe (5,780-6,800)190.400,006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría d)

Vilalba.-C.P. de Vilalba pola Balsa a Chavín, acdtº e mellora p.q. 14,000; 16,160210.354,246 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría d)

Nº 287 POL 2003 Guntín.-Centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade terminación206.651,375 mesesNon se esixe