Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORQUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión do 8-8-2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de pavimentación de acceso a Lobios, de Sever-Faramiñás, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para que poidan presentarse reclamacións.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 87.179,00 euros.

Fianza provisional: 1.743,58 euros.

Fianza definitiva: 3.487,16 euros.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 12.00 horas do seguinte día hábil (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Porqueira. Teléfono: 988 46 62 32, fax: 988 46 61 02.

Porqueira, 11 de agosto de 2003.

Susana Vázquez Dorado

Alcaldesa