1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior s/n, 27880 Burela (Lugo).
2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de suturas de fío.
3. Orzamento e prezo: orzamento total: 76.500,00 A, desagregado nos exercicios orzamentarios: ano 2003, importe: 25.500,00 A. Ano 2004, importe: 51.000,00 A.
4. Prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato con posibilidade de prórroga.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración do Hospital da Costa. Teléfono: 982 58 99 56 e fax: 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.
6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.
8. Solvencia técnica: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.
9. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Fianzas: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Clasificación: non se esixe.
12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
13. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 13.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
14. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
15. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.
Burela, 6 de agosto de 2003.
Pablo Mosquera Mata
Director xerente do Hospital da Costa de Burela

