Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do expediente C.P. 6/2003 de contratación en réxime de concesión dun local destinado á instalación de tres máquinas de bebidas quentes, tres máquinas de bebidas frías e unha máquina de alimentos.

1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior s/n, 27880 Burela (Lugo).

2. Obxeto do contrato: contratación en réxime de concesión dun local destinado á instalación de tres máquinas de bebidas quentes, tres máquinas de bebidas frías e unha máquina de alimentos.

3. Canon mínimo anual que se lle deberá aboar ó Hospital da Costa: 2.800,00 A.

4. Prazo de execución: 4 anos desde a sinatura do contrato con posibilidade de prórroga por períodos anuais.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración do Hospital da Costa. Teléfono: 982 58 99 56 e fax: 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

6. Admisión de variantes: admítese 1 variante.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

9. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianzas: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro

do Hospital da Costa de Burela antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

13. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 13.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 7 de agosto de 2003.

Pablo Mosquera Mata

Director xerente do Hospital da Costa de Burela