Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.444

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 10 de xullo de 2003, da Delegación de Oviedo, polo que se citan contribuíntes para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de luns

a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo ou na Delegación ou Administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, entenderase producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Oviedo, 10 de xullo de 2003.

José Manuel González-Lamuño Leguina

Xefe da Dependencia de Recadación

Datos do contribuínte:-X1292586D.-Hamdi Abdellah.-Concepto/obx. tributario: fact. 2706200101039-Hospital de la C.-Acto que se notifica: providencia de constrinximento.