Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.451

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa de biodiversidade e recursos forestais convocadas no anexo III, da Orde do 22 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro).

A Orde do 22 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa sectorial de recursos naturais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo III, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de biodiversidade e recursos forestais.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 21 de febreiro), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, as que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Carto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Aplicación orzamentaria 08.05.432A.740.0.

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003

(EUROS)

ANO 2004

(EUROS)

ANO 2005

(EUROS)

ANO 2006

(EUROS)

CONCEDIDO

(EUROS)

PERSOAL

BRAVO DEL MORAL, ANA MARÍAPGIDIT03RFO26101PRIMPACTO DA VERTEDURA DO BUQUE PRESTIGE SOBRE DIVERSAS ESPECIES DE AVES MARIÑAS RECOLLIDAS NAS COSTAS GALEGAS: LESIÓNS ASOCIADAS Á CONTAMINACIÓN EXTERNA, INXESTIÓN E/OU INHALACIÓN DE FUEL OIL241.800,00 *33.440,008.360,000,0083.600,00SI

GARCÍA-RODEJA GAYOSO, EDUARDOPGIDIT03RFO20001PRBIODIVERSIDADE E RECURSOS NATURAIS DA SERRA DO XISTRAL: ORDENACIÓN PARA UN USO SUSTENTABLE329.489,00 *29.489,007.372,007.372,0073.722,00SI

NAVEIRA FACHAL, HORACIOPGIDIT03RFO10301PRBASES XENÉTICAS E DEMOGRÁFICAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS AMEAZADAS DE LACÉRTIDOS NO NOROESTE IBÉRICO324.514,00 *24.514,006.129,006.129,0061.286,00NON

ORTIZ NÚÑEZ, SANTIAGOPGIDIT03RFO20301PRAVALIACIÓN DO ACTUAL ESTADO DE CONSERVACIÓN EN GALICIA DE RUMEX RUPESTRIS LE GALL (POLYGONACEAE), UN ENDEMISMO ATLÁNTICO EUROPEO EN PERIGO CRÍTICO DE EXTINCIÓN. O IMPACTO DA MAREA NEGRA DO PRESTIGE SOBRE AS SÚAS POBOACIÓNS332.598,00 *32.598,008.150,008.150,0081.496,00SI

RODRÍGUEZ OUBIÑA, JUAN JOSÉPGIDIT03RFO20302PRESTUDIO DOS CAMBIOS NOS PROCESOS BIOLÓXICOS DE ESPECIES VEXETAIS AMEAZADAS DE GALICIA, AFECTADAS POLO VERQUIDO DE FUEL DO PETROLEIRO PRESTIGE E DO IMPACTO SOBRE OS SEUS HÁBITATS, CARTOGRAFÍA, DEMOGRAFÍA, ECOLOXÍA E CONSERVACIÓN329.474,00 *29.474,007.369,007.369,0073.686,00SI

SILVA PANDO, FRANCISCO JAVIERPGIDIT03RFO50201PRESTUDIO DA REXENERACIÓN NATURAL, CRECEMENTO BAIXO CUBERTA E HERBIVORA DE PLÁNTULAS DE CARBALLO (QUERCUS ROBUR)316.807,0022.409,0011.205,005.602,0056.023,00SI

VALERO GUTIÉRREZ DEL OLMO, ENRIQUEPGIDIT03RFO37101PRI+D DA APLICACION DE TELEDETECCIÓN E SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA PARA A CARACTERIZACIÓN DO ESTADO SANITARIO DAS MASAS DE EUCALYPTUS GLOBULUS EN GALICIA, CON PARTICULAR APLICACIÓN Á AVALIACIÓN DOS DANOS POR GONIPTERUS SCUTELLATUS219.712,00 *24.640,004.928,000,0049.280,00SI

VIEITEZ MARTÍN, ANA MARÍAPGIDIT03RFO40001PRPROPAGACIÓN E CONSERVACIÓN DE XENOTIPOS SELECCIONADOS DE CARBALLO MEDIANTE EMBRIOXÉNESE SOMÁTICA E CRIOCONSERVACIÓN324.663,0032.884,0016.442,008.221,0082.210,00SI

(*) As axudas sinaladas con asterisco encádranse nas accións para impusa-la investigación en materias relacionadas coa conservación do ambiente previstas no convenio de colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a posta en marcha do plan de axudas para Galicia destinada ós afectados pola catástrofe ocasionada polo buque Prestige.

ANEXO II

SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN ORZAMENTARIATÍTULODURACIÓNANO 2003

(EUROS)

ANO 2004

(EUROS)

ANO 2005

(EUROS)

ANO 2006

(EUROS)

CONCEDIDO

(EUROS)

PORCENT.

SUBVENC.

TOTAL PROXECTO

AS. DE EMPRESAS FORESTAIS DA MONTAÑA LUCENSEPGIDIT03RFO01E08.05.432A.781.0ESTIMACIÓN DA BIOMASA FORESTAL EXISTENTE NAS COMARCAS DOS ANCARES E A FONSAGRADA216.199,0019.439,0012.959,000,0048.597,006179.735,00

EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. TRAGSAPGIDIT03RFO02E08.05.432A.770.0ESTUDIO DA CALIDADE DA MASA E RISCO DA INESTABILIDADE DAS PLANTACIÓNS FORESTAIS GALEGAS DE PINUS PINASTER. DEFINICIÓN DE CRITERIOS DE CALIDADE ESTRUCTURAL E FISIOLÓXICA DAS PLANTAS DE VIVEIRO38.856,0040.876,0027.251,0013.625,0090.608,0044206.758,00

FAUNA ÚTIL, S.L.PGIDIT03RFO03E08.05.432A.770.0DETECCIÓN, CARACTERIZACIÓN E CONTROL BIOLÓXICO DE CRYPHONECTRIA PARASITICA SOBRE CASTIÑEIRO EN GALICIA38.151,0037.618,0025.078,0012.539,0083.386,0064130.044,00

GIMENA INGENIERÍA, S.L.PGIDIT03RFO04E08.05.432A.770.0TRABALLO DE INVESTIGACIÓN PARA O DESEÑO DUNHA METODOLOXÍA PARA A VALORIZACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS E O PATRIMONIO CULTURAL A TRAVÉS DA ANÁLISE AUTOMÁTICA DE IMAXES DIXITAIS, TOMANDO COMO TERRITORIO PILOTO O CONCELLO DE FISTERRA25.941,0027.419,0018.280,000,0051.640,0049104.957,00

HIFAS DA TERRA, S.L.PGIDIT03RFO05E08.05.432A.770.0PRODUCCIÓN DE CASTIÑEIROS HÍBRIDOS RESISTENTES, MICORRIZADOS CON FUNGOS DE INTERESE, E ENXERTADOS CON VARIEDADES DE FROITA APLICABLES Á INDUSTRIA DE TRANSFORMACIÓN DA CASTAÑA39.594,0044.280,0029.520,0014.760,0098.154,0023434.492,00

MADERAS VILLAPOL, S.A.PGIDIT03RFO06E08.05.432A.770.0SISTEMAS DE INFORMACIÓN PARA A XESTIÓN DUNHA EMPRESA FORESTAL36.386,0029.474,0019.649,009.825,0065.334,0048137.168,00