Aprobado pola Comisión de Goberno con data do 11-8-2003 o proxecto e prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente da seguinte obra:
Saneamento da Gándara.
Incluída no POS 2002.
Queda exposto ó público durante oito días contados desde o seguinte día da publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de oír reclamacións.
Simultaneamente anúnciase o concurso aprazando a licitación se se formulara reclamación contra o prego de condicións.
Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno.
Obxecto: saneamento da Gándara.
Orzamento: 60.101,21 euros.
Garantías: 4% fianza definitiva.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: Secretaría do Concello durante os trece días naturais, contados desde a última publicación deste anuncio no DOG ou BOP.
Apertura de ofertas: o segundo día seguinte hábil, excepto sábados, ó da finalización da presentación de proposicións.
Prego de condicións e máis información na Secretaría do Concello.
Moaña, 14 de agosto de 2003.
O alcalde
Rubricado

