O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 27 de xuño de 2003, adoptou o seguinte acordo:
«1. Aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por Ceinsa, así como os cambios incluídos nel, relativos ó polígono cinco (P-5), ó reconsidera-lo seu uso de residencial a industrial e un reaxuste dos límites do polígono, para que comprenda como zona industrial unicamente a parcela de titularidade da empresa Nestlé, ó ter en conta a ampliación da empresa; o Plan Xeral de Ordenación Municipal, comprende a seguinte documentación:
-Planos de información.
-Planos de ordenación urbanística de solo urbano, dos núcleos rurais e do termo municipal.
-Normas urbanísticas e anexo de accesibilidade.
-Memoria: de información, de estudio do medio rural e urbano; xustificativa; do estudio económico-financeiro e orde de prioridades.
-Catálogo de xacementos arqueolóxicos e do patrimonio histórico-artístico e etnográfico.
2. Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación coa disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de:
-Publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOP, do acto de aprobación definitiva, así como publicación no BOP da normativa e as ordenanzas.
-E dar traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos do plan xeral debidamente dilixenciados».
Do que se dá conta, en cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación, sen prexuízo da interposición da calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontecesures, 5 de agosto de 2003.
Manuel Luis Álvarez Angueira
Alcalde

