A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da obra de sinalización no municipio (obra nº 94/01/2003), o que se expón ó público polo prazo de 4 (catro) días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase concurso público polo trámite de urxencia; a licitación aprazarase canto resulte preciso no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
Execución da obra de sinalización no municipio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento.
O orzamento ascende a 86.638,00 euros, IVE incluído.
5. Garantía.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
b) Enderezo: praza dos Amigos, s/n.
c) Localidade: Xunqueira de Espadanedo. CP 32730.
d) Teléfono: 988 29 10 01.
e) Fax: 988 29 10 46.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.
7. Requisitos do contratista.
-Non se esixe clasificación.
-Solvencia económica, financeira, técnica e profesional.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego.
c) Lugar de presentación: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
9. Apertura de ofertas.
O terceiro día hábil posterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados), ás 12.00 horas.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Xunqueira de Espadanedo, 20 de agosto de 2003.
Francisco José Gómez Pumar
Alcalde en funcións

