Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.580

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ASILO DE LA SANTÍSIMA VIRGEN DEL CARMEN

ANUNCIO.

A Fundación Asilo de la Santísima Virgen del Carmen, con domicilio en Foz (Lugo), avenida de Cervantes, número 41, acordou sacar a pública poxa ante o notario de Foz (Lugo), os bens que co seu prezo de taxación se enumeran a continuación.

Concello de Foz.

Bens que se sacan a poxa e a súa valoración.

1. Predio de Lourido ou Cantel: superficie de 1.433 metros cadrados. Inscrita no Rexistro de Propiedade de Mondoñedo no libro 725. Folio 187. Predio 24.996. Valor 48.000 euros.

2. Predio en Marzán. Veiga de Lourido: superficie 847 metros cadrados. Inscrito no tomo 725. Libro 187. Folio 181. Predio 24.997. Valor: 12.705 euros.

3. Predio en Vilaxoane. Sito en Cabaneira: superficie 8.981 metros cadrados. Inscrito no tomo 317. Libro 57. Folio 168. Predio 4.320. Valor 81.000 euros.

4. Predio en Marzán. Casa do Home: superficie 765 metros cadrados. Ten no seu recinto unha casa de planta baixa e alta de 47,25 metros cadrados ocupada. Inscrito no tomo 317. Libro 57. Folio 172. Valor 96.000 euros.

5. Predio en Veiga do Castro de Arriba: superficie 2.116 metros cadrados. Inscrito no tomo 305. Libro 35. Predio 3.896. Valor: 12.696 euros.

A poxa terá lugar no salón de actos do Colexio Martínez Otero de Foz, na rúa Paco Maañón nº 12, ás doce horas (12) do día 11 de outubro de 2003 (11-10-2003).

Condicións da poxa.

A poxa terá lugar polo sistema de poxas abertas con adxudicación ó mellor ofertante, sendo o tipo mínimo de licitación o citado en cada predio.

Para tomar parte na poxa será preciso que cada licitador poña á disposición da mesa en efectivo ou aval bancario unha cantidade equivalente ó 10% da que sirva de tipo á poxa. O dito depósito devolverase ós licitadores unha vez finalizada aquela, con excepción do adxudicatario, que a perderá se no prazo de nove días non consigna no despacho do notario autorizante o resto do prezo de remate. Consignado polo adxudicatario o resto do prezo do remate dentro do prazo de trinta días, outorgarase a corres

pondente escritura pública de venda entre o rematante e o representante autorizado do padroado.

Se a poxa quedase deserta sacarase novamente a licitación por segunda e, se é o caso, por terceira vez con rebaixa do 10% ou 15% do tipo, respectivamente.

Cargas e gravames. Ningunha. O predio número 4, ocupado.

Para tódolos efectos legais entenderase que a poxa dos predios descritos constituirá venda por prezo alzado e corpo certo.

Gastos e impostos. O adxudicatario, ademais do prezo de remate, deberá satisface-los gastos de publicación dos anuncios da poxa, os notariais correspondentes a esta e os derivados da adquisición do predio poxado incluídos os fiscais. Será título bastante para acredita-la adquisición do inmble poxado a favor do seu adxudicatario a escritura pública outorgada polo rematante adxudicatario e o representante do padroado.

O adxudicatario poderá cede-lo remate a favor de terceiro; para iso o adxudicatario rematante poderá así manifestalo no acto da poxa, debendo comparecer na notaría autorizante acompañado da persoa á que vai cede-lo remate dentro do prazo de nove días fixado para a entrega do resto do prezo manifestando a súa decisión de ceder ó remate desta, a que logo de identificación e aceptación, quedará subrogada en tódolos dereitos e obrigas do adxudicatario cedente.

Foz, 8 de setembro de 2003.

O patronato

Rubricado