Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Por decreto desta alcaldía do 29-8-2003 aprobouse definitivamente o proxecto de compensación do polígono único do solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, tramitado por instancia da xunta de compensación do citado polígono.

Así mesmo, na mesma resolución aprobouse definitivamente a ocupación directa dos terreos propiedade do Estado (dominio público estatal), como propietario non adherido á Xunta de Compensación constituída para o desenvolvemento do polígono único do solo urbanizable do PXOM de Verín.

En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalando que contra o acordo de aprobación definitiva se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses.

Os prazos que se sinalan contarase a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Verín, 29 de agosto de 2003.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións