Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 1/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións formuladas por Saturnino Vázquez Morano, presidente da comunidade de propietarios do polígono de Pocomaco, Ángel

Freire Rodríguez, xefe de Patrimonio de Galicia da Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois (Renfe) e Manuel Meizoso Vázquez, administrador único da sociedade Pocomaco Servicios, S.A., no sentido do informado polos técnicos municipais, remitíndolle-la integridade do informe municipal contestatorio das súas alegacións, así como este acordo e recoñecérlle-la súa condición de interesados no expediente administrativo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector de solo urbanizable S-4 Vío, promovido polo concello e formulado por Promotora de Vivendas Urbanas, S.L. na súa condición de adxudicataria do concurso para o desenvolvemento das actividades e traballos urbanísticos necesarios para a completa urbanización e posta en funcionamento dun dos polígonos no que se dividirá o sector de solo urbanizable Vío, condicionado á presentación dun segundo texto refundido, no prazo máximo dun mes, no que se cumpran as seguintes observacións:

a) Na vía 2 do polígono contemplarase a execución de dous carrís de circulación por sentido de 3,50 metros cada un e unha mediana de 1 metro para enlazar axeitadamente co sistema xeral viario VG-S4.02.

b) Haberase de indica-lo punto de entroncamento máis axeitado para as redes de augas residuais e pluviais, contemplando as vías públicas peonís a recollida de augas pluviais.

c) Canalizaranse subterraneamente polas novas vías públicas as liñas eléctricas de alta tensión que cruzan aereamente o ámbito do plan parcial; así mesmo, tódolos centros de transformación serán subterráneos.

d) Con respecto á rede de telecomunicacións contemplarase unha canalización única por onde descorrerán os distintos operadores adaptándose ós criterios municipais, en canto ó tipo e número de tubos, arquetas de paso e conexións coas I.C.T.

e) Incluirase na memoria do plan parcial a ordenanza estética de cerramentos.

f) Preverase a rede de saneamento na vía 10 do polígono.

g) A canalización que verte libremente ó espacio libre Z1-EL3 conectarase coa rede de pluviais, e todo iso coa acometida á rede xeral.

h) Farase constar expresamente na memoria que en canto ó réxime de autorizacións para pasos baixo as vías de ferrocarril e para a edificación na zona de afección do dominio público ferroviario estarase ó disposto na Lei de ordenación de transportes terrestres e o seu regulamento.

A eficacia da aprobación definitiva do plan parcial condiciónase á efectiva emenda das devanditas observacións no prazo indicado.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, así como a normativa do plan parcial no BOP.

Cuarto.-Dilixencia-lo documento de plan parcial na súa integridade, facendo constar que a súa aprobación definitiva está condicionada á emenda de observacións por Promotora de Vivendas Urbanas, S.L.

Quinto.-Notifica-lo presente acordo a tódolos propietarios afectados, facéndolles constar que dispoñerán do prazo dun mes, desde que reciban a notificación, para interpor recurso de reposición na vía administrativa e de dous para interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sexto.-Unha vez presentado o segundo texto refundido, emitido informe favorable polo enxeñeiro de camiños municipal e o arquitecto municipal e dilixenciado na súa integridade polo secretario municipal, remitirlle unha copia completa do expediente administrativo, así como dos exemplares do documento, ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, co obxecto de cumprir co indicado no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que considere pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 11 de xullo de 2003.

O alcalde

P.D.

José Luis Méndez Romeu