Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.128

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en sesión ordinaria do 31 de xullo de 2003, resolveu aproba-las normas para realizar operacións nos peiraos do porto da Coruña por operadores privados de guindastres móbiles non relacionados con empresas estibadoras.

Estas normas atópanse á disposición dos interesados nas oficinas da Autoridade Portuaria.

O que se fai público para o seu coñecemento.

A Coruña, 17 de setembro de 2003.

Guillermo Grandío Chao

Presidente