De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na
r/ Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de diez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-82/080 (expte. desaf.: P-157/03).
Cta.: 118.
Nome: Julio Benito Rascado Hermida.
Enderezo: r/ Alemaña, núm. 53, 4º B, blq. G, ptal. 63, Monteporreiro, Pontevedra.
Falta de pagamento da débeda: 13.743,76 A.

