En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das necesidades do servicio que se vai satisfacer, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito no lugar de Xesteira-Calo, no concello de Teo (A Coruña), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda

