Con data do 18 de xullo de 2003, o alcalde subscribiu un convenio urbanístico con Vicente Otero Vilariño, José Antonio Otero Vilariño e Avelina Mercedes Otero Vilariño, para a posta á disposición do concello dos terreos necesarios para a continuación da execución das obras do paseo fluvial do Rego dos Pasos.
O que se someteu ó trámite de información pública significando que, durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal El Correo Gallego, se poderá examina-lo mencionado convenio urbanístico nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de Ames, na rúa alcalde Lorenzo nº 2 de Bertamiráns, e presentar, se é o caso, as alegacións oportunas, de conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Ames, 26 de agosto de 2003.
Carlos A. Fernández Castro
Alcalde

